Tuesday 21 de May de 2024

A unidade móbil da ITV de ciclomotores estará no parque empresarial da Laracha o 1 de marzo


Pódese reservar cita en liña ou por teléfono.

A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores estará na Laracha o mércores 1 de marzo en horario de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.
As persoas interesadas poden reservar cita previa na web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.

Nesta ocasión estrearase a nova ubicación para a unidade móbil que, a proposta do Concello, será no parque empresarial da Laracha, no aparcamento norte xunto á nave municipal (rúa D2). O cambio de lugar ten unha dobre motivación, que é facilitar o acceso evitando a entrada ao núcleo urbano da Laracha e, tamén, as molestias que a presenza da ITV puidese causar na zona residencial do anterior emprazamento. Ese espazo no parque empresarial tamén será o lugar no que se situará a ITV móbil de vehículos agrícolas, que está previsto que se desprace ata A Laracha no último trimestre do ano en data aínda por determinar.